4/29/2025

APRENDEMOS XOGANDO

 De novo, compartindo xogos con KIKO, que chegou desde a súa tenda CHAFARÍS, en Santiago para ensinarnos canto proveito podemos tirar dos xogos de mesa, xogando en familia e cos amigos, estimulando o cerebro e compartindo risas e bromas. Pura maxia.



4/23/2025

A maratón de lectura: "Robinson Crusoe"

Durante a xornada de hoxe todos puidemos disfrutar, lendo ou escoitando, a historia do náufrago Robinson Crusoe,que aprendeu a aproveitar todo o que a natureza lle ofrecía para sobrevivir nunha illa durante 30 anos.
 Agardando a reportaxe completa, deixamos unha mostra do paso dos nosos lectores e ouvintes pola maratón. Grazas a todas e a todos por participar nesta festa da lectura! 

4/21/2025

 Esta semana imos celebrar o Día do Libro. Aproveitaremos para achegarnos a un clásico da literatura: "Robinson Crusoe". O seu autor chamábase Daniel Defoe. Que sabemos sobre el? Cando naceu? Quen eran os seus pais? En que traballaba? Que cousas lle gustaba facer? Fíxose rico escribindo este libro? Escribiu algún libro mais? 

Aproveitaremos para investigar sobre a súa vida e a súa obra. Preparádevos para descubrir unha personalidade especial. 

4/03/2025

ENCONTRO CON XAIME TRILLO

    Despois de explorar a súa poesía durante o mes de marzo, acollemos na biblioteca a Xaime Trillo, traballador na súa terra de Dumbría. Compartimos con el as nosas preguntas, fálanos da súa infancia, cando comezou a escribir sinxelos versos. Hoxe fálanos non so da nosa terra, do traballo e do esforzo, senón tamén da liberdade, das inxustizas e da solidariedade. Grazas, Xaime. Levas contigo un anaquiño de nós. 









3/12/2025

Mulleres traballadoras de Muxía

 Visitaron a nosa escola para amosarnos a vida cotiá das mulleres traballadoras do noso concello: Rafaela (percebeira), María José (criadora de rodaballo), Rocío (hosteleira e gandeira) e Carla (operaria no secadoiro de congro) son exemplo de esforzo en oficios duros que esixen habilidades especiais. Explicáronnos en que consisten os seus oficios, por que lles gusta e que dificultades teñen que afrontar. 





CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA EN VOZ ALTA

 So hai que apuntarse e prepararse para participar. Como nos preparamos? Lendo en voz alta e disfrutando das palabras. A poesía ten ritmo, ten música, ten maxia.


3/08/2025

MARZO, MES DA POESÍA: ACHEGÁNDONOS A MANUEL MARÍA

 



Manuel María foi un poeta da Terra Chá. Pola súa relación co mundo rural e por ter "os pés na terra" imos dedicarnos a coñecelo mellor durante este mes de marzo.