A través de "Trafegando Ronseis" coñecemos esta fermosísima curta de animación. Preparádevos para ver unha marabilla.
O niño da curuxa
Blog da Biblioteca Escolar do C.E.I.P. "Os Muíños" (Muxía)
1/27/2012
Libros en Febreiro
"Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar".
O mes de febreiro é coñecido como o mes de San Valentín, que disque é o patrón dos namorados. Pero, sabías que tamén os paxaros se namoran neste mes? O día dous é o día da Candeloria ou Candelaria.
Para saber máis dos paxaros e as aves, ou ler historias nas que eles aparecen, pásate pola biblioteca, e escolle entre estes e outros libros.
No blog "Galicia Espallada" explícase o significado desta festa, adicada ao renacemento da luz, xa que a primavera parece anunciarse tímidamente.

Etiquetas:
amor,
candeloria,
paxaros
Exposición en Primeiro
Se non vos pasastes por alí, deberíades probalo: en primeiro prepararon unha exposición moi completa sobre os Sacapenas e a súa país de orixe, Guatemala. Para preparar o día da Paz non hai mellor oportunidade. Aquí tedes un adianto:
1/24/2012
Todos podemos crear beleza
Ás veces pensamos que unha persoa "discapacitada" non pode chegar a facer cousas tan fermosas como esta... Apreciemos a beleza da danza, e do esforzo dos demais, agora que xa sabemos o que custa...
1/16/2012
Xaneiro, mes da Paz
Cando temos medo, desconfiamos dos demais, e con frecuencia afastámonos e chegamos á incomunicación. A incomunicación produce malos entendidos co compañeiro, co amigo, co viciño... E a partir de aí medran os conflitos. Por desgraza, o mundo está cheo deles, e hai moitos escritores que se ocuparon de contalos. Na nosa biblioteca poderás atopar unha selección de títulos sobre o tema:
Por isto, se queremos superar os medos que nos afastan dos demais, debemos primeiro coñecelos e despois buscar a forma de vencelos. Hai moitas obras de todos os xéneros que poden axudarnos, con humor ou con tenrura. Aquí tés unha pequena selección.

guerra,
medo,
paz,
superación
1/09/2012
E viñeron os Reis... Magos!
Deberon deixar ben cansadiños aos seus camelos, porque deixaron a biblioteca ben nutrida:
Agora hai que coidar de todo o que nos deixaron, para que nos dure moito tempo.
E por se isto fose pouco, mirade que sorpresa!

Balbina tamén mandou o seu agasallo, asinado e todo! Grazas, raíña!

agasallos,
audiovisuais,
música
1/05/2012
O adeus a un mestre
Esta mañá, ás 8.30 faleceu na Coruña Isaac Díaz Pardo. Son moitos os termos que o definen: "artista plástico" , "galeguista", "intelectual",... Pero é moito máis; é unha parte da nosa historia, da nosa cultura, da nosa memoria, e queremos lembralo como viviu: como un home cheo de inquedanzas, de lembranzas e de sabedoría, e sobre todo un home bó.
Podemos aprender del a través do seu traballo, nas enciclopedias, e máis que nada, escoitándoo e escoitando o que del falaban os demais:
Probablemente, un dos seus maiores legados fose o laboratorio de formas de Sargadelos, recupernado a antiga fábrica, proxecto tristemente malogrado nos seus últimos anos, tal como o propio Isaac recoñecía.
Descansa en paz, Isaac.

Hoxe fóisenos o home e quedounos a súa herdanza.
Descansa en paz, Isaac.
Etiquetas:
cultura,
memoria,
necrolóxicas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)