Seguindo o exemplo da canción, poñémonos á tarefa... Pero... por onde empezar? Sinxelas receitas para pintar con acuarela...
Por se queredes ir botándolle unha ollada aos resultados... E quedan máis!
1/23/2011
1/10/2011
Novidades na biblioteca
Para os que nos gustan as ciencias, hai moitas posibilidades de aprender sobre o mundo que nos rodea. Acaban de entrar nos nosos andeis dúas coleccións moi interesantes:
"Pregúntalle á Dr. Peteiro": A doutora Peteiro é unha ave moi voluntariosa, que abre consulta para axudar a todo canto bicho vivinte
teña problemas. Vexamos o seu anuncio:
Unha pobre miñoca escribe ao seu consultorio:
"Querida Dra. Peteiro:
Son nunha lombriga que está deprimida. Por que? Ben, bótame un ollo. Son simpleemnte un tubo con moi
tos segmentos. Non teño nin ollos, nin ás, nin antena
s, nin patas. Por que teño un corpo tan aburrido?
Polos chans.
Que lle contestará a doutora? Se queredes averigualo, buscade no seu libro "Sobre os bichiños".
E se o que vos gusta é construir e desenvolver proxectos, por que non probades coa colección "Queremos saber"? Aquí tedes unha mostra de como facer un planetario no voso propio
cuarto! Atoparalo no libro "Sistema solar"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)