A Real Academia de Belas Artes Galegas celebra hoxe, 1 de abril de 2020, o Día das Artes Galegas, e homenaxea ao arquitecto Domingo Antonio de Andrade nado en Cee no ano 1939 e finado en Santiago de Compostela no ano 1712.
A maior parte da súa obra podemos vela en Santiago de Compostela, en 1676 foi considerado Mestre Maior de obras da Catedral.
Moitas das súas obras máis importantes son coñecidas por todos vós, a través das excursións realizadas a Santiago de Compostela: Catedral de Santiago, Casa da Conga, Casa da Parra, Museo do Pobo Galego...
E que vos parece, se desde as vosas casas o festexamos, decorando como queirades, a Torre do Reloxo coñecida tamén como a Torre da Berenguela.
Se vos animades, non esquezades mandar a foto para subila ao blog.
Se vos animades, non esquezades mandar a foto para subila ao blog.
Para imprimir, preme na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario