10/29/2021

RECREOS NA BIBLIO ( OUTUBRO)

 DO 13 AO 15

DO 18 AO 22
DO 25 AO 29

CONTACONTOS DE MEDO

A Asociación de Pais e Nais ( ANPA) do CEIP "Os Muíños" en colaboración coa Biblioteca organizou un "Contacontos de medo" para todo o alumnado de Infantil e Primaria. 



O venres 29 celebramos o Samaín. Todo o alumnado desfrutou, en cadansúa aula, dun fantástico contacontos de medo na voz de Isabel,  mestra xubilada que traballou moitos anos no noso centro. 














Isabel elaborou, para todo o alumnado, uns agasallos relacionados cos contos: culleres (Infantil), "Sacapenas" (1º e 2º E.P.) e marcapáxinas ( de 3º a 6º E.P.) 
Remata a sesión de contacontos coa entrega duns agasallos en agradecemento a Isabel.
Fai a entrega Puri, a presidenta da ANPA.

10/20/2021

PROGRAMA "PRENSA - ESCUELA"

Este curso continuamos no programa "Prensa- escuela" promovido pola Voz de Galicia.

Inscribíuse o alumnado de 6º E.P. e Aurelia, a mestra que imparte LC e LG neste curso. 

Todos os mércores recibirán 21 xornais cun suplemento escolar "La voz de la escuela" con información de interese para entender o xornal e con orientacións sobre como enfocar as noticias desde o punto de vista pedagóxico.
Os obxectivos do programa son os seguintes:
  • Aprender a ler a prensa e desenvolver un sentido crítico.
  • Integrar as noticias de cada día como complemento e actualización do libro de texto no currículo escolar.
  • Coñecer os problemas reais que os xornais presentan a diario e implicarse na súa solución.
  • Usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o densenvolvemento das súas aptitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o ocio, o estudio do medio e a inserción en grupos e servicios sociais.
  • Ter acceso ó mundo dos medios de comunicación.
  • Aprender a expresar libremente a súa opinión e a debater en grupo os seus problemas.
  • Que a escola tome conciencia da importancia da información na educación do alumnado como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática.

10/12/2021

NOVIDADES OUTUBRO

Premendo na imaxe, accederás ás novidades. Estes libros están á vosa disposición na biblioteca. 

10/11/2021

NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Aquí tedes as normas de uso da biblioteca escolar con pictogramas.


APERTURA BIBLIOTECA

 A biblioteca abre as portas ao público o mércores, 13 de outubro no recreo da mañá. 


Asígnase un día fixo semanal de utilización a cada grupo de Primaria, alternando cos dous grupos de Infantil, podendo usala voluntariamente no recreo da mañá ou co seu grupo estable en hora de clase. 



10/07/2021

VISITAS GUIADAS

Na semana do 4 ao 8 de outubro celebráronse  as "Visitas guiadas" na biblioteca. 




















Premendo nas imaxes, accederás ás fotos da actividade.
4º5º INFANTIL



6º INFANTIL










1º2º E.P.













3º E.P.













4º E.P.










5º E.P.




6º E.P.