10/31/2023

OUTUBRO NA BIBLIOTECA

 Este mes de outubro retomamos a actividade ordinaria na biblioteca. Aquí tedes un percorrido a través do tempo de lecer: lectura, debuxo, estudo, investigación, xogos, usando diferentes ferramentas, distintos sopotes... Gozando da noso "Niño"!


10/15/2023

Día das Escritoras

O luns máis próximo á celebraciónd e Santa Tareixa de Xesús, conmemoramos o "Día das Escritoras". Durante moitos séculos foi silenciada a súa voz e a súa escrita. Por iso é preciso recuperar o tempo perdido. Por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, e baixo as recomendacións da Asesoría de Bibliotecas Escolares, celebramos este 16 de Outubro o pracer, o humor, o gozo, na literatura escrita por mulleres. En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega seleccionamos 5 escritoras da nosa biblioteca e publicamos este pequeno video lendo as súas palabras. Poderás atopar obras súas nos nosos andeis. 

Lecturas para o tempo de Samaín

Lembra que na nosa biblioteca tés coleccións de contos como estas para gozar do tempo de Samaín.