Blog da Biblioteca Escolar do C.E.I.P. "Os Muíños" (Muxía)
3/27/2018
Venres de conto
O recuncho de "Canto conto ten o profe" recuperou nova vida neste 2º trimestre grazas a Carmen, Isabel e sobre todo ás familias que veñen con moita ilusión contarlle un conto ao alumnado, os venres, no recreo da mañá. Cada venres de conto, a biblioteca está chea de nenos e nenas que merendan axiña para non perderse o conto da semana.
O equipo de biblioteca e o alumnado agradece a Carmen, a Isabel, a Ana, a Cristina, a Margarita e a Begoña por tanto conto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario