5/06/2009

Un premio merecido

Belén Regueira é a presentadora de "O país dos pequenos" (antes era "O pais dos ananos". Os nosos pequenos teñen participado neste espazo un par de veces. Ela recibiu a fin de semana pasada o premio á mellor comunicadora na Gala dos "Mestre Mateo". E non se pode negar que o merece. Non se pode falar máis claro e con máis cariño e determinación. Coñecedes a palabra "asertividade"? Pois queda de deberes para o diccionario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario