9/24/2009

O Niño da Curuxa ten moitas posibilidades a disposición do profesorado e do alumnado. Se queredes conquistar illas perdidas nos inmensos océanos de internet, e meter nas adegas dos vosos barcos fabulosos tesouros, guiádevos polas seguintes pistas:


Na parte dereita do Niño podedes atopar un atallo para entrar no catálogo da Biblioteca.

Ao entrar no catálogo, veredes na columna da esquerda unha lista de atallos. Escollede, por exemplo, o de "Recursos Electrónicos".



Cando se abra esta nova ventá, intentaredes acceder a algún deles. Non poderedes. Como seguir avanzando? Escribide o código de usuario (o voso número de carné da biblioteca), e o contrasinal (o voso primeiro apelido).

Xa está o camiño feito. Agora poderedes viaxar sen problemas. Feliz singradura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario