10/26/2009

Libros para ver




Estamos a organizar as bibliotecas de infantil e de 1º ciclo. Iremos amosando pouco a pouco os grupos de libros que formamos, e algún exemplo. Hoxe falamos dos libros para ver. Son libros con ilustracións moi coidadas, que predominan sobre o texto. As imaxes permiten seguir a historia sen necesidade de ler, se é que hai algo escrito, claro. A partir de agora identificarémolos con esta etiqueta.
Dentro deste grupo están libros como "Un globo vermello", ou "As estacións". Xa os coñeces?

No hay comentarios:

Publicar un comentario