11/09/2009

Visitar unha exposición

Ás veces é moi importante saber como nos ven os demais. Visitando a exposición de Ruth Matilda Anderson podemos averiguar como vía aos galegos que fotografou alá polo 1925. Ela era noviña, e seguro que aínda andaba a estrear a súa cámara. Pero soubo captar de xeito sorprendente a dignidade e o esforzo dos nosos avós e bisavós. A foto que tedes embaixo foi tomada nos montes de Carnota. Son un grupo de mulleres que volven cargadiñas con mercancía. Se tedes oportunidade achegádevos ao Cantón Grande da Coruña. Alí está a Fundación Caixa Galicia. A exposiciòn estará aberta ata mediados de febreiro. Máis información pinchando aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario