2/07/2010

Unha tarde con "Corcón"


Todos o coñecíamos xa. Algúns tíñano atopado por Muxía, outros só a través do seu libro, "Os piratas da Illa da Esperanza", que temos como libro de cabeceira en 6º, na clase de matemáticas, e na de lingua galega. Agardabámolo para que nos contase un montón de cousas. Comezou por explicar o significado do seu alcume: "O corcón é un peixe pequeniño, a cría do muxo", e pouco a pouco a clase foise enchendo de confianza. Xa eramos amigos, como os do clube de lectura "Pedra dos Corvos". Silvia pediulle que nos lera un fragmento de , as "Memorias dun neno labrego", o primeiro libro que el lembra ter lido. Dixo que o primeiro que escribira foi "O bebé máxico". Contounos que escollera "A Illa do Tesouro" como inspiración para "Os Piratas...",e fíxonos algunha confidencia. Soubemnos como quixo facerse escritor, e deunos algúns consellos, por se nós tamén queremos escribir... Rematou asinando todos os nosos exemplares de "Os piratas...", e estampou unha preciosa adicatoria no libro de visitas da biblioteca. Foi unha tarde moi curtiña, pero moi ben aproveitada. Agardamos que abarloe á nosa nave moitas máis veces.

Ningún comentario:

Publicar un comentario