4/30/2010

Mi mamá me mima

Eran estas as primeiras palabras que aprendíamos a ler... E quedaron para sempre impresas no libro da nosa vida. Os nenos, na escola, preparan pequenos agasallos para a súa mamá...

Antonio García Teijeiro di no seu "Unha chea de aloumiños":

"Os tesouros dos rapaces

son inxenuos e sinxelos.

Os tesouros dos maiores

son ruíns e medoñentos".

Unha pequena mostra: os nenos e as nenas de 1º prepararon fermosos cadros para as súas mamás.

En 5º fan de artesáns e preparan xoieiros e colgapendentes coas súas sabedoras mans...



Non hai mellor poema que este que todos lembramos, igual que os aloumiños de mamá:

"Miña nai, miña naiciña,

como a miña nai ningunha

que me quentou a cariña

co caloriño da súa"

No hay comentarios:

Publicar un comentario