6/24/2010

A flor máis grande do mundo


So os grandes escritores son capaces de contar con poucas palabras as mellores historias. Corrixo: so as grandes persoas son capaces de facelo. Cando a Saramago, ao remate dunha entrevista, o felicitaron por ser un premio Nobel, el simplemente respondeu: "Si, son premio Nobel de Literatura. E que?".
A máis grande lección do escritor é amosarnos que unha das maiores virtudes das persoas é a humildade, e que so con pequenos xestos poden facerse as máis fermosas obras. Aprendamos da humildade deste neto de labregos.
Grazas ás nosas compañeiras do PLAMBE por lembrarnos este marabilloso video.

No hay comentarios:

Publicar un comentario