Tal día como hoxe, 20 de novembro, foron proclamados os Dereitos da Infancia. Sabemos das moitas inxustizas que se cometen no mundo cos pequenos: as guerras, a fame, a pobreza, as enfermidades, a explotación sexual, o maltrato. Aproveitemos este día, e todos os do calendario, para reflexionar sobre as vidas próximas ou lonxanas, que están empezando: elas serán as que gobernen o noso futuro.
Grazas á biblioteca do C.E.I.P. Milladoiro, dispoñemos desta estupenda recopilación de materiais para traballar sobre o tema.
E por medio de "Trafegando Ronseis" coñecemos esta páxina web sobre os dereitos da infancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario