O "Centro Internacional de Tecnologías Avanzadas" (C.I.T.A.), dependente da Fundación Germán Sánchez Rupérez, ven de celebrar un grupo de reflexión e investigación sobre o tema dos ordenadores na aula.
Grazas a "O Segrel do Penedo" (blog do IES de Fene), tivemos acceso a este breve e interesante documento, do que destacamos:
- " (...) As TIC teñen de introducirse nas aulas e centros educativos, pero para contribuir ao cambio, a innovación e a mellora do sistema educativo, e non para enchela de novos "artiluxios".
- "(...) Non acaban de ser o motor do cambio na escola, das súas prácticas, das súas intencións, da súa organización. Convimos en que non o é porque se precisan condicións previas que non se dan establecido."
- "Requírese aprender e borrar. Aprender novos métodos didácticos nos que sexa o alumno o protagonista da súa propia aprendizaxe, e borrar as prácticas tradicionais sen medo á innovación constante. A formación do profesorado é, sen dúbida, a chave fundamental (...)".
- Precísase substituir, paulatinamente, o todopoderoso libro de texto(...). Pero non se trata de suplir o libro polo computador para seguir facendo o mesmo. Trátase de orientar a aprendizaxe cara ás competencias básicas, reflexión e práctica, máis que cara á adquisición de meros contidos.
- "É preciso cambiar notablemente o papel do mestre, (...), xa que agora deberá guiar ao alumno no seu proceso de aprendizaxe, ensinarlle a seleccionar a información, a ser crítico coa mesma, e a transformar esa información en coñecemento".
- (...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario