12/08/2010
Os Contos de Xandre
Xandre é un elefante distinto, sabedes por que? Porque cando naceu, non lle puideron poñer sombra... Con este punto de partida, TADEGa (Tecnoloxías de atención á diversidade na Educación Galega) nos propón traballar a inclusión a través dun personaxe que nos lembra cariñosamente ao noso querido Elmer, pero desde outro punto de vista. Parécennos tan interesantes as súas propostas, das que estamos tan necesitaedos que, aparte de esta entrada, colocaremos un enlace permanente na columna da dereita á súa páxina web. Paga a pena adicarlle uns minutos (ou máis) a navegar por ela.
Se queredes xogar directamente co conto, premede aquí.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario