3/28/2011

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Todos os anos celebramos o 2 de abril o "Día Internacional do Libro Infantil e xuvenil" , en conmemoración da data de nacemento de Hans Christian Andersen. Os seus contos son clásicos da literatura infantil: "O patiño feo", "A sereíña", "O soldadiño de chumbo", "A vendedora de mistos", "O traxe novo do rei",... Moitos destes títulos pódense atopar na nosa biblioteca.
Ademáis, é un día para conmemorar a literatura que fala do mundo aos nenos. Cada ano a Organización Internacional do Libro Infantil escolle un autor e un ilustrador para que nos acheguen á Literatura Infantil. Tedes máis información no blog de GALIX. A nosa biblioteca únese a esta celebración cunha exposición de exemplares de Hans Christian Andersen, para volver disfrutar do máis clásico da literatura infatil: os contos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario