"Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar".
O mes de febreiro é coñecido como o mes de San Valentín, que disque é o patrón dos namorados. Pero, sabías que tamén os paxaros se namoran neste mes? O día dous é o día da Candeloria ou Candelaria.
Para saber máis dos paxaros e as aves, ou ler historias nas que eles aparecen, pásate pola biblioteca, e escolle entre estes e outros libros.
No blog "Galicia Espallada" explícase o significado desta festa, adicada ao renacemento da luz, xa que a primavera parece anunciarse tímidamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario