1/05/2012

O adeus a un mestre

Esta mañá, ás 8.30 faleceu na Coruña Isaac Díaz Pardo. Son moitos os termos que o definen: "artista plástico" , "galeguista", "intelectual",... Pero é moito máis; é unha parte da nosa historia, da nosa cultura, da nosa memoria, e queremos lembralo como viviu: como un home cheo de inquedanzas, de lembranzas e de sabedoría, e sobre todo un home bó.

Podemos aprender del a través do seu traballo, nas enciclopedias, e máis que nada, escoitándoo e escoitando o que del falaban os demais:

Probablemente, un dos seus maiores legados fose o laboratorio de formas de Sargadelos, recupernado a antiga fábrica, proxecto tristemente malogrado nos seus últimos anos, tal como o propio Isaac recoñecía.

Hoxe fóisenos o home e quedounos a súa herdanza.

Descansa en paz, Isaac.

Ningún comentario:

Publicar un comentario