2/15/2012

"A Chiquitropa"

Presentamos "A Chiquitropa". Temos a sorte de contar no cole con este grupo de alegres músicos que se encargarán de introducir festas e celebracións.
A primeira sorpresa dérona na mañá do martes, presentando o Entroido polos corredores da escola. Que balbordo! Percorreron o cole enchendo de festa e alegría canto curruncho había. Se alguén non se enterou foi porque non quixo.
Non so traen música: os traxes da "Chiquitropa" son un exemplo de cooperación, porque os xastres foron os trasniños de quinto: os compañeiros maiores elaboraron con mimo e moitas horas de adicación estes coloridos fracs. GRAZAS A TODA A CLASE DE QUINTO!!!
VIVA A CHIQUITROPA!
Grazas, profe de música por encher de alegría este frío febreiro...e ensinarnos que importante é a clave de sol nas nosas vidas.

3 comentarios:

  1. Ja,ja,ja. Que chulo :) que ben o pasades os do cole dos Muiños madre mia xa me da ganas de ir para o colexio outra vez :)
    Saludos e bicos.
    Da vosa amigiña: Sindy arna

    ResponderEliminar
  2. Claro, pasámolo ben e tamén aprendemos un montón! Temos unha profe de música estupenda, e iso axuda moito!

    ResponderEliminar
  3. !!!!genial chiquitropa!!!!, esperamos con ansia la siguiente composición.

    ResponderEliminar