6/11/2012

Aprendemos con Hippie

Hoxe compartimos parte da mañá con Hippie, un can de rescate que adestra Alejandro Míguez Cruz, adestrador profesional. Aprendemos que cando coidas e das cariño a estes animais, eles devólvenche aínda máis: non so sabe xogar, senón que pode rescatar persoas que quedaron atrapadas ou se perderon, e mesmo axudar á policía a buscar drogas ou obxectos agachados. Para adestrar un can hai que saber moito sobre el, dar ordes claras, e sobre todo dar moito cariño e coidado todos os días. Ao rematar a xornada, todos poidemos tomar fotografías co noso novo amigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario