10/29/2012

Lecturas de outono


Chegou o outono, e con el o Samaín, a festa que dá entrada á escuridade, o frío e o misterio. Afortunadamente, a pesares de todo isto, e tamén dos "recortes" aínda nos quedan gañas para transformar os medos en risas, ou polo menos nun sorriso.

Celebramos o Samaín cunha exposición de cabazas. Avoas e mamás esmeráronse este ano, e temos unha completa mostra. Pero non todo van ser cabazas. Na biblioteca escollemos lecturas para este tempo de outono. Lecturas sobre os medos, sobre o frío, sobre as bruxas, os trasnos e as meigas, sobre as castañas, sobre lendas e mitos. Lecturas de outono. Lecturas para todos.


Pásate polo curruncho da biblioteca e escolle o libro que máis che conveña. Non esquezas dicirllo á "MEIGA" do ordenador.




1 comentario: