11/26/2012

Deitado frente ao mar

O día 12 de decembro, ás 12.00 o C.E.I.P. "Os Muíños" sumarase á convocatoria da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización lingüística, que propón a lectura do poema de Celso Emilio, para pechar o ano adicado ao aniversario do seu nacemento. Desde o IES "As Barxas" o alumnado de educación plástica e música comparte este video onde podedes ver o poema "rapeado"

Deitado frente ao mar I from Seso Durán on Vimeo.

Moitas son as versións que se fixeron en rap do poema, e tamén podemos utilizar a versión máis crítica, que seguramente será motivo de debate entre os maiores. Que queren dicir os versos de Celso Emilio? Desde o C.E.I.P. "Quintela" de Moaña, comparten este video de "Dios que te Crew" que atoparon en Youtube. Con sentido do humor, atoparon este no que María Lado e Lucía Aldao recitan o poema "a dúas voces" e "a dúas linguas": Se estades interesados en saber máis sobre Celso Emilio, tedes unha presentación aquí que comparte o IES Concepción Arenal de Ferrol:
CEF1
View more presentations or Upload your own.
E non esquezades que na marxe dereita sigue o enlace á paxina web oficial do centenario de Celso Emilio.

2 comentarios:

  1. o 1º video de Celso Emilio é un traballo feito por os alumnos de educación plástica e música do IES as Barxas

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo apuntamento. Disculpade se non quedou suficientemente clara a autoría. E grazas unha vez máis por compartir.

    ResponderEliminar