1/30/2013

A Chispa da Lectura: "Os Megatoxos e o aprendiz de druída"



Despois dunha viraxe vertixinosa (cambiamos a opción "Juegos del Hambre" por "Megatoxos") xa estamos en marcha co clube de lectura. 

Grazas á biblioteca do  C.E.I.P. "Vales Villamarín" , de Betanzos (que nos prestou os libros), e á biblioteca do Fórum Metropolitano de A Coruña, que serviu como punto de intercambio, xa temos aquí 24 exemplares!
Os membros de "A Chispa da Lectura" xa viaxan con "Os Megatoxos e o aprendiz de druída". Este libro foi o inicio da serie máis coñecida de Anxo Fariña, e dá nome tamén ao seu blog: "OS MEGATOXOS".
Anxo Fariña recibiu o Premio Merlín no ano 2011 polo seu libro "A chave da Atlántida", que entrará nestes días no noso Niño.

3 comentarios:

  1. solo cambiou a portada

    ResponderEliminar
  2. Tés razón. A que aparece aquí é a da última edición, publicada en Xerais. Nós estamos lendo a primeira edición, publicada en "A Nosa Terra", editorial que, desgrazadamente, pechou.

    ResponderEliminar
  3. o de xerais é mais gordo e ten cousas novas.

    ResponderEliminar