Chega á nosa biblioteca Maria Fumaça, este tren cheo de alegría que ven do Brasil repartindo compases de felicidade. Segundo extraemos da publicación de "El Correo Gallego", a idea da elaboración desta obra xurdiu dos agasallos en forma de música que recibía Rui, un neno con parálise cerebral entusiasta da música de Uxía, Magín Blanco, Tanxarina Teatro, Carlos Blanco...
Unha vez máis o desexo de compartir fai que chegue a nós esta locomotora de bós desexos.
Pero, sabedes o que é "María Fumaça"? Unha fermosa locomotora que aínda se move hoxendía polo Brasil adiante.
Mirade o que atopamos no youtube:
Para que vaiades disfrutando do contido do libro, aquí tedes un adianto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario