2/09/2013

Kalandraka contou contos

Tal como prometeran, Patricia e Álex visitaron O Niño da Curuxa esta semana. Viñeron cheos de contos e música para compartir, e ben se ve que conseguiron alegrar a mañán a pequenos e grandes.




















Todos notaron a Patricia algo cambiada, porque estaba guapísima co seu abrigo novo. Un abrigo cheo de petos, como o do conto "Os petos de Loreto": "Hai petos e petos. Os de Loreto non teñen fondo: bucinas, sombreiros, xeados,...". 
Tamén soubemos da "Galiña roxa", que "atopou uns grans de trigo, sementounos, recolleu a colleita, foi ao muíño, forneou o pan,... Pero nin o can, nin o gato nin o pato lle axudaron a facer este traballo".
E aínda que non queriamos que marchasen, Patricia e Álex tiveron que contar o último conto: "Crictor". Ninguén de nós sabía que "o mellor amigo do home non ten patas, nin pelo, nin ladra...".

Aínda que Patricia e Álex xa marcharon contar contos por outros coles de Galicia, deixaron aquí os libros que trouxeron da fábrica dos contos. Todos podemos disfrutalos cada vez que queiramos. Vaia sorte temos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario