No C.E.I.P. Cedeira tamén escolleron como tema o mar, e teñen un blog no que podemos entrar para ver o que están aprendendo. Este blog chámase "Caramuxo"... Pero que será un caramuxo? Aquí están todos os compoñentes do clube dispostos a empezar unha nova lectura, coa súa perigosa arma na man: un libro!
2/23/2013
"Queremos ler"
O pasado xoves, día 21 de febreiro, celebramos na biblioteca a primeira reunión do clube de lectura "Queremos ler", impulsado por unha das alumnas de 1º. Despois de repartir os carnés do clube, empezamos a comentar a experiencia coa lectura dos libros de Anxo Fariña, que fixeran na clase na "Hora de ler". Todos os compoñentes do clube disfrutaron cos libros escollidos, desde a serie "Antón e Pompón" ata "O ladrón de palabras" ou "As linguas dos animais". Sen embargo, todos estiveron dacordo en que preferían outro tipo de lectura: en vez de compartir a obra dun autor dixeron: "Queremmos un libro longo, o mesmo para todos, como os maiores".
Pero no Niño sempre hai sorpresas e... claro que podemos ler todos o mesmo libro! E ademais con compañía extra! No C.E.I.P. "Cedeira" de Redondela, en Pontevedra, acaban de ler o mesmo libro que imos ler nós: "Perico, o cangrexo".
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
un caramuxo en Camariñas é unha caracoliña branca que se atopan nas pedras da riveira preto do mar.
ResponderEliminarun caramuxo ou camuxa, en Camariñas, é unha desas caracoliñas pequenas que se atopan entre as pedras,preto do mar,dunha cor crara.
ResponderEliminar