Un ano máis, un curso máis, estamos todos preparados para empezar. Estes días no cole temos moito traballo: elaborar horarios, distribuir espazos, elaborar programacións... Entre todo o labor sempre hai alguén que atopa tempo para pararse a pensar, e nesta ocasión foi Carmen, a nosa conserxe, quen con moito acerto pendurou este artigo no taboleiro da sala de mestres. Manuel Vicent conta, con enorme ternura non exenta de valentía, a historia do fillo dun xornaleiro que chegou a ser profesor na Universidade. A fotografía que encabeza o artigo aseméllase a unha daquelas que os que temos máis sexenios facíamos nalgún momento do curso escolar, co desgastado mapa da península de fondo. Despois de lelo devagariño descubriredes por que nós, si, defendemos unha escola pública e de calidade. Un ano máis, un curso máis.
Que teñades todos un feliz curso 2013-14.
Ningún comentario:
Publicar un comentario