9/11/2013
Xogar a pensar
Xa todos sabemos que este é o ano dos por que, ou da filosofía, que tanto ten. Para saber que facer desde o principio varias profes da escola recomendaron os títulos de Angélica Sátiro. Despois de consultar o seu perfil, sabemos que é unha profesional moi fiable no tema que estamos tratando. Así que nos lanzamos a comprar o primeiro dos seus títulos, "Jugar a pensar con niños de 3 a 4 años". Completaremos pouco a pouco a serie, enmarcada dentro do seu "Proyecto Noria".
Para facernos unha idea do seu traballo, ademais de consultar a web, podemos botarlle un vistazo a este video:
E xa postos, por que non chegar máis aló? Tamén atopamos este suxerente título "Juegos para hacer pensar a los bebés", que supón un repto para calquera familia. A autora é Jackie Silberg, especialista en estimular aos nenos a través do xogo e da música.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario