Hoxe interrumpimos ás clases a iso das 11 da mañán. Dixéronnos que había unha sorpresa na biblioteca. Cando entramos atopamos un recorte de xornal ampliado, que colocara Carmen para ilustrar a visita do noso convidado. Sentámonos todos, moi nervosos, no chan de cores, e pouco despois entrou pola porta o mesmísimo Kepa Junquera en persoa! Por se non o credes, aquí tedes a foto:
Dixo que viña directamente desde Bilbao para agasallarnos cun disco, gravado con artistas como "Luar na Lubre", Susana Seivane, Xosé Manuel Budiño,..., que se chama "Galiza". E sabedes por que? Porque moi cerquiña do cole, en Merexo, ten un amigo moi grande: o señor Pazos de Merexo, que ven sendo o avó de Lucía, Anxo, Adrián e Manuel, os nosos compañeiros. O señor Pazos toca o acordeón desde pequeno, e gravou con Kepa Junquera unha das cancións do disco. Moito temos que aprender dos nosos maiores, que gardan o tesouro da sabedoría e de disfrutar con cousas bonitas como a música do acordeón (Kepa dixo que na súa terra chámano trikitixa).
Con Kepa aprendemos a apreciar cantas cousiñas boas temos na nosa terra, e fixo unha demostración con Paula (que tocou a pandereta) e Manuel (que o acompañou ao acordeón). Se clicas na imaxe do señor Pazos, podes escoitar o que explica da historia do seu acordeón.
Temos que agradecerlle á familia do señor Pazos de Merexo que compartira con nós o seu día con Kepa Junquera, e que nos permitiran disfrutar da súa arte.
Aquí tedes a dedicatoria que nos deixou no "libro de visitas" da biblioteca.
PRECIOSA A SORPRESA !!
ResponderEliminarQué sorte poder contar con Kepa Junkera na aula...
bó traballo !!!
un sorriso para todos /as...
Inma Galego
Parabéns por esa fantástica sorpresa, e vaia que se o foi!!
ResponderEliminarApertas de mel dende Fene
Inmellorable escenario para unir na mente dos nenos e nenas dúas visións aparentemente inseparables da CULTURA.
ResponderEliminarParabéns a quen o fixo posible!
¡Mmmmm, que envexa! ¡Vaia xornada para o recordo! Desde que soubemos de el estamos desexando mercar este disco. Noraboa por poder gozar desa oportunidade tan marabillosa.
ResponderEliminarSaúdos agarimosos desde Ferrol
Dá gusto.
ResponderEliminar