12/19/2013

Agasallo

Agora que chega o tempo dos agasallos, seguro que apreciamos o triunfo das ideas máis simples. Hoxe, os "mangallóns" agasallaron aos pequechos do cole. Levan días preparando "xoguetes" de cartolina: o "peixe na peixeira" e o "pallaso trepador". Agardaron na súa aula a visita do alumnado de infantil, que entrou no novo espazo cos ollos ben abertos. Explicáronlles como funcionaban os xoguetes, e logo xogaron eles mesmos. Descubrir que algo tan sinxelo resulta divertido é marabilloso. Saber que a xenerosidade ten o mellor premio no sorriso e a mirada sorprendida dos pequechos é o mellor agasallo. Aquí tedes a mostra:
Agasallo on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario