
A iniciativa foi unha idea da antropóloga Alejandra Pedroza, que reside en Muxía, e conta co apoio do Concello e dos centros educativos. A nosa escola tamén colabora recollendo libros que aportará este xoves e venres, no horario previsto, de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 18.00.
Da nova xa se fixeron eco en "El Correo Gallego" e "Que pasa na costa", e todos agardamos que teña moito éxito.
Se queres colaborar, podes aportar o teu libro e, por suposto, escoller entre os que outros aporten para disfrutar da lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario