3/10/2014

Todos os días son 8 de marzo

O pasado sábado conmemoramos o Día Internacional da Muller Traballadora. En todos os medios de comunicación fixéronse eco da celebración, nas prazas de pobos e cidades, a xente reuniuse para lembrar a data, e na nosa escola o alumnado de 6º de Primaria preparou unha exposición de carteis arredor do tema. 
Aquí tedes unha mostra:
 

Como as mulleres traballadoras estamos presentes todos e cada un dos días do ano, será aconsellable ter en conta os recursos dos que dispoñemos na biblioteca sobre o tema. Calquera destes libros nos lembra a importancia do labor das mulleres na vida da comunidade.

 
"A princesa Sabela" é un dos libros máis coñecidos de Cornelia Funke. Sabela é unha princesiña que está farta de que llo dean todo feito, así que un día decide guindar coa cora no estanque dos peixes; pero o rei, como castigo, ordena que Sabela traballe na cociña de palacio e no cortello dos porcos... Podedes tamén seguir as historias de "Parella guai", ou consultar o libro "Los chicos y las chicas", da colección "Piruletas de Filosofía".
"Un día de caca e vaca", conta as aventuras de Álex na súa primeira excursión. "Mi mamá" é un fermoso libro de Anthony Browne, que nos fala das mooooooitas cousas que é capaz de facer a súa mamá, tantas como fai a nosa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario