12/21/2014

Festival de Nadal 2014

Como todos os anos, antes de marchar de vacacións, reunímonos no ximnasio para celebrar o Festival de Nadal. Un momento para compartir coas familias e cos nosos compañeiros moito do que levamos aprendido durante este trimestre. 
Os primeiros en participar foron os compoñentes da Chiquitropa Mozartín:

Logo viñeron os pequerrechos de Infantil acompañados polos seus compañeiros maiores, os de Sexto, que tocaron a flauta maxistralmente:

 Os de Terceiro deleitáronnos coa obriña de teatro "O cometido":
 En Cuarto decidiron compartir con nós o seu lema : "Hakuna Matata", vive e sé feliz.

Os de Quinto A ofrecéronnos a súa versión de "Tempos modernos", do gran Charles Chaplin:


 E os de Quinto B amosáronnos a súa forma persoal de recitar poesía:

Ningún comentario:

Publicar un comentario