1/20/2015

"Contos do Mundo"

Por se non o sabiades, a Biblioteca Municipal de Muxía está aberta de martes a venres, de 16.30 a 20.30. Viki Rivadulla convócanos a asistir á primeira das actividades convocadas para este mes, "Contos do Mundo". Mariluz Varela, orixinaria de Venezuela, compartirá con todos os que queiran asistir as historias tradicionais do seu país. Non o esquezades: o venres, 23 tedes unha cita na biblioteca municipal ás 17.30.

Ningún comentario:

Publicar un comentario