2/02/2015

Día Escolar pola non violencia e a Paz

Como cada ano, no aniversario da morte de Gandhi, celebramos o "Día Internacional pola non violencia e a paz". Despois de semanas de preparación, o noso cole quedou transformado nun escenario de concordia e bós desexos. Todos e todas colaboraron na confección dunha enorme pomba chea de fermosas palabras, palabras relacionadas coa paz.



Como en cada celebración, a Chiquitropa convidou a todos a sair de clase, e reunírmonos para festexar.
 
E unímonos á canción "Todos somos capitáns", na que aprendemos a falar con outra linguaxe. Grazas, Raquel. Lembramos que a Paz construímola entre todos, e entre todos compartimos a canción que nos trouxo María José, "Los derechos humanos, tu mejor instrumento":

Ningún comentario:

Publicar un comentario