10/21/2015

24 de outubro, "Día da Biblioteca"

O vindeiro sábado, día 24 celebramos o "Día da Biblioteca". Esta data foi escollida para conmemorar un feito triste, que desexamos que non se volva repetir: a destrución da Biblioteca de Saraievo. 

Cada ano, a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil propóñenlles a un ilustrador e un escritor elaborar o cartaz conmemorativo. Este ano, os escollidos son Leticia Ruíz Fernández e Diego Arboleda, gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Juvenil por "Prohibido ler a Lewis Carrrol". O delicioso texto co que acompaña á ilustración trata, precisamente, do Coello Branco, aquel que sempre chegaba tarde. 
Podedes acceder neste enlace á galería de fotos publicada na "Revista Babar" sobre bibliotecas e lectura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario