3/15/2016

A poesía de Xosé Iglesias


Este é Xosé Iglesias. É patrón de pesca pola Universidade Laboral da Coruña e Capitán de Pesca pola de Vigo. Traballou de patrón de costa moitos anos, e agora mesmo é patrón e armador do Primeiro Villar, que amarra nos peiraos da Coruña (información extraída da lapela de "Transfusión oceánica" publicado pola editorial Caldeirón). 
O poema que el mesmo recita neste video, titulado "Nove metros" fala do seu barco (ten nove metros de eslora), que é tamén a súa vida. Todo o seu poemario trata do mar, calmo ou enfurecido, xeneroso ou egoísta, e dos homes e mulleres que viven grazas a el. 
Se che gustou este recitado, podes consultar máis na súa canle de youtube, ou lelos nesta breve escolla

Ningún comentario:

Publicar un comentario