3/24/2016

Lemos Poesía: concurso de lectura en voz alta

O pasado día 11 de marzo desenvolveuse na Biblioteca Escolar o "Concurso de lectura en voz alta". Aproveitamos o mes da poesía para amosar as nosas capacidades de lectura, con entonación e expresividade, e cada ano sáenos mellor! Non é traballo de un día, porque para presentarse a este concurso temos que escoller un poema que nos guste, e probar a lelo en voz alta coa axuda dos nosos mestres e dos nosos compañeiros. Finalmente, é diante da cámara cando poñemos a proba os nosos nervos, e nestes videos queda demostrado. 
Os alumnos de 1º e 2º leron así:

Os de 3º e 4º tamén quixeron participar. Aquí tedes a mostra:
O alumnado de 5º e 6º empregouse a fondo, e contamos co agasallo final de Carmen, que leu un dos seus poemas:





Despois de analizar o escoitado e visto, o xurado escolleu entre eles un gañador (gañadora neste caso), por categoría:

O equipo de biblioteca quere agradecer a todos os participantes (alumnado e mestres e colaboradores) o entusiasmo e a ilusión depositada neste concurso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario