2/08/2017

Tapón a tapón aportando solucións

O sábado, 28 de xaneiro, na Voz de Galicia falaban de nós, do noso cole :  "Una tonelada de solidaridad con Nahír desde Muxía".
Todo isto xurdiu por iniciativa da nosa Carmen a conserxe. En novembro de 2013 lendo unha reportaxe no Semanal que falaba da recuperación dunha persoa grazas á aportación solidaria dos tapóns, pensou que nós poderiamos facer o mesmo. Foi en marzo do 2014 cando se empezou a tomar conciencia desta marabillosa idea.
Levamos almacenado desde entonces, nada máis e nada menos, unha tonelada. Como di Carmen "tapón a tapón aportando solucións". Neste caso, van destinados á causa de Nahír, unha nena pontevedresa con dificultades de mobilidade e trastornos na fala que precisa un tratamento específico. 
A fundación Amigos de Galicia de Pontevedra veu recollelos e deunos unha pequena charla no patio cuberto, onde estabamos todos xuntos arredor dos sacos cheos de tapóns de distintos tamaños e cores.
Fomos conscientes do traballo e esforzo de tantas persoas que colaboraron nesta axuda: veciños, familias e alumnos, persoal do centro... e sentímonos moi orgullosos porque grazas á colaboración de todos, Nahír poderá recibir o tratamento que precisa para a súa curación.













A fundación regalounos unhas pegatinas.



Deunos  indicacións para saber o que se pode aproveitar.


E para que nos quede claro o que se pode reciclar. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario