4/05/2017

Poesía e primavera

Despois de estar todo o mes de marzo lendo, escribindo e ilustrando poemas, o venres, 7 de abril, poñeremos o "broche de ouro" celebrando a festa da poesía e da primavera.



Aquí tedes o programa:
Como vedes, temos a sorte de contar coa presenza do poeta pontecesán Miguel Anxo Mato Fondo que nos acompañará nesta Festa da Poesía. El mesmo fará entrega dos premios aos gañadores do Concurso de Lectura de Poesía en voz alta, celebrado o pasado 22 de marzo na biblioteca.
Acordouse desde o equipo de Orientación que o venres veñamos todos vestidos cunha camiseta ou xersei de cor azul porque o día 2 de abril celebrouse o Día Mundial da concienciación sobre o Autismo.
E de Poesía e primavera fala un poema da nosa poeta Carmen, que por ser o seu preferido, de entre moitos que escribiu, recitarao o día do festival.


"Ansia de ser"

Ben quixera ser poeta
para poderlle cantar á recente primavera.
Ben quixera ser poeta
para poder amañar
uns versos que rimen ben.
Por querer ¡Canto eu quixera!
Eu quixera por exemplo
poder zoar e ser vento
e acariciar co meu soplo
os cabelos do meu ben.
Tamén quixera ser choiva
e mollarlle as meixelas a xeito de acariñalas
sen poder, coas miñas mans.
E quixera se-lo mar
e quixera se-lo sol
todos eles coa sorte
de poder acariñalo
desde a cabeza ata os pés.
E eu tamén quixera ser
tan ousada como pluma
que amparada no papel
é capaz de dicir cousas
que non podo dicir eu.
Por querer, ¡Canto eu quixera!...
Pero hei de confesar
que o meu de verdade, é sentir.
Carmen Sambad Lema

No hay comentarios:

Publicar un comentario