5/18/2017

Novidades maio

E unha cousa leva á outra... O expurgo e a adquisición de novos fondos son condicións imprescindibles para manter viva e funcional a nosa biblioteca escolar.
Presentámosvos as últimas novidades adquiridas neste mes de maio. 
Aínda hai máis, botade unha ollada... A que esperades para vir coñecelas?



O ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, o sapo, a cascuda, a carracha...todos estes animaliños, cada un deles, teñen un camiño para trazar. Cal será?





Un conto para entender a diversidade como elemento enriquecedor da nosa sociedade. Monstruo Rosa é un berro á liberdade.




Por que a mesma particularidade dunha persoa ás veces gústanos e outras nos molesta?
Lolo e Rita son moi distintos entre si. Aceptar a diversidade non sempre é doado...
Un libro para pequenos e maiores que invita á comprensión daquelo que nos fai diferentes mostrando o máxico efecto dos polos opostos...


Ningún comentario:

Publicar un comentario