6/22/2017

Celebración Xincana viaxeira

Despois dun trimestre investigando, buscando información, expoñendo... chegou o día tan esperado por todos, a celebración da "Xincana viaxeira". 

Ás 9:30 tocou o timbre e o alumnado foi  ás aulas para poñer as camisetas e as bandeiras. Ás 10 reunímonos  todos no vestíbulo porque o tribunal ía chamar aos grupos para entregar as carpeta aos capitáns e facer unha pequena explicación, sobre os distintos documentos, no ximnasio. Logo cantarán o himno e... preparados, listos, xa!!
A chiquitropa anuncia a actividade polos corredores...


O tribunal xa está preparado...
Os alumnado, mestres, gardas, coidadora e fotógrafa reúnense no vestíbulo.
O tribunal vai chamando aos membros de cada grupo e no ximnasio  reparte as carpetas aos capitáns explicando o contido da mesma.
Hai que adiviñar pistas, recorrer rutas e acertar probas...
Sorte!!!



Os grupos entregan as carpetas ao tribunal a medida que van rematando o seu percorrido polas rutas.

1 comentario: