6/19/2017

Xincana viaxeira

O curso pasado realizamos por primeira vez unha xincana e a experiencia foi motivadora e gratificante tanto para o alumnado como para os mestres. En vista do éxito, consideramos repetila este curso e aproveitando que o tema condutor é as viaxes propuxemos desde o equipo de biblioteca facer un proxecto trimestral titulado "Xincana viaxeira".
No proxecto participa todo alumnado, profesorado e persoal non docente. Iniciou a primeiros de marzo e rematará o 23 de xuño. 
O equipo de biblioteca fixo o reparto de países deste xeito:
  • Infantil ( 4º-5º) : Reino Unido
  • Infantil (6º): España
  • 1º-2º: Portugal
  • 3º: Italia
  • 4º: Grecia
  • 5º: Suíza
  • 6ºA: Francia
  • 6ºB: Alemania
Cada país trata os seguintes temas:
  • Situación xeográfica ( capital).
  • Bandeira e himno.
  • Gastronomía
  • Monumentos importantes
  • Personaxes relevantes.
O proxecto consta de tres partes:
  1. Investigación e exposición  ( desde 1 de marzo ata 21 de xuño).
  2. "Xincana viaxeira" ( 22 de xuño).
  3. Festa ( entrega de premios ): 23 de xuño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario