Desde o colexio "Os Muíños" queremos felicitar a Antonio García Teijeiro que foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola obra "Poema ao mar" escrita en lingua galega.
García Teijeiro ( Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil. Imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, talleres de poesía, conferencias...
"Poema ao mar" é un libro de poemas que forma parte dunha triloxía composta ademais por "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Estas tres obras teñen o mar como gran protagonista e Xan López Domínguez é o ilustrador da obra pola que o autor foi merecedor do premio.
Publicou, entre outros, os seguintes títulos de narrativa infantil e xuvenil: "En voz baixa", "Os peixes de cores", "Honorato, o rato namorado", "Verbas de sal" e "Recendos do aire sonoro".
Tan só tres letras
o mar
mais se lle damos
un bico,
medra,
sorrí
e aparece
o verbo amar.
(Antonio García Teijeiro)
Ningún comentario:
Publicar un comentario