10/23/2017

Día da Biblioteca: 24 de outubro

 Así celebramos nós o 24 de outubro:

- "Mercadiño de outono": Dado que fixemos varias compras no que levamos de curso, vémonos na obriga de desfacernos de exemplares que levan moito tempo na biblioteca para facer sitio para as novas adquisicións. Iso é o que se coñece co nome de Expurgo.
Dado que o Magosto está a caer e é tempo de castañas, pensamos en facer un "Mercadiño de outono" para as familias: vendemos libros a prezo de cinco castañas. Xa iremos contando como saíu o "negocio"...


- 1º Reunión do "Voluntariado A" na biblioteca : explicación, normas, contrato, carnés...


- Lecturas recomendadas para Magosto - Samaín:



- Na festa Magosto-Samaín que celebraremos o 31 de outubro contaremos contos de medo na biblioteca: 3º conta a Infantil; 4º a 1º; 5º a 3º; 6º a 4º e os mestres a 5º e 6º.

- Reunión do equipo de biblioteca para tratar o Proxecto Documental deste curso escolar: A Música.

3 comentarios:

  1. Hola eu son Tatiana de quinto de primaria a min desde que me dixeron que iba a haber un club de lectura tiña moita emoción por que nos Muíños hai ideas moi guays

    ResponderEliminar
  2. Querida Catuxa:
    Creo que hoxe deberia felicitarte, como es unha mascota de biblioteca...
    A noticia encantoume, xa conseguin castañas, polo tanto non dentro de moito tempo irei con meus pais por ali a coller un libro. Encantame tamen que os nosos profes nos baian ler a vez que nos tamen lemos a os de 4º. Espero que tañades sorte co voso negocio a vez que nos podamos axudar como voluntariado A. Grazas pola tua mensaxe anterior.
    Atentamente:
    Alguen que lle gusta ler.

    ResponderEliminar
  3. hola,hola,holaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
    que tal Catuxa?
    Temos unha idea, porque os de sexto non seguimos có antiguo club de lectura? deixo esa proposta no aire.
    Atentamente:
    dende o colexo.

    ResponderEliminar