10/16/2017

Mochilas que van e veñen e veñen e van


As "Mochilas viaxeiras" xa están listas para iniciar a súa andaina. O mércores, 11 de outubro, saíron da biblioteca 20 mochilas para as aulas e de aí partirán aos fogares para disfrutalas en familia. Van cargadiñas de contos, cómics, revistas, películas...
Dentro de cada mochila vai un listado do material, unha carta para as familias, un díptico de normas de uso e un "Caderno viaxeiro" para que anotedes as vosas reflexións, opinións... sobre os libros lidos.
Recordade que é moi importante coidar ben do material que vai na mochila e entregala na data acordada para que  poida disfrutala outro compañeiro. 

Felices lecturas!

2 comentarios:

  1. Ola eu son Tatiana sde quinto de primaria e a min gústame moito levar as mochilas viaxeira para á casa por que podo desfrutar dela.

    ResponderEliminar
  2. Querida Catuxa:
    Non fai moito que che enviei outro comentario. Son unha alumnhna a cal lle encanta esta noticia, ademais de axudar no boluntariado e lerlle a os afillados imos poder lebar un cachiño da biblioteca que ademais seguro que esta recomendado por ti, moitas grazas a todas as persoas que axudan a que a miña afición a ler e bisitar a biblioteca se cumpra. Por ultimo queria nombrar a profe María José a cal ainda que é titora de primeiro axudou e repartiu polomenos a miña clase ese cachiño da biblio que tanto nos gusta e do cal podemos comentar nese caderno viaxeiro.
    Atentamente:
    Alguen que lle gusta ler.

    ResponderEliminar