Cada 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Violencia contra a Muller. A ONU escolleu esta data para non esquecer o asasinato das irmás Mirabal, na República Dominicana, como símbolo da violencia contra as mulleres.
Para conmemorar esta data, desde a biblioteca propoñemos a actividade: "Stop violencia" que empeza hoxe, mércores 22 e rematará o venres 24.
É unha actividade a modo de concurso para o alumnado de 3º a 6º de E.P. que consiste en elaborar pequenas tarxetas con frases, palabras, debuxos, titulares de prensa, información de internet... referidas a actitudes violentas que queremos eliminar.
Dado que a actividade resulta un pouco complicada para Infantil e 1º e 2º, decidimos invitar ás familias a participar no concurso.
O material que necesita o alumnado é o seguinte: cartolina negra e pintura branca (tédelo á vosa disposición na biblioteca). No caso das familias de Infantil e 1º - 2º : cartolina branca e pintura negra.
Por favor, en canto teñades elaboradas as tarxetas pegádeas no mural.
O equipo de biblioteca fará de xurado e escollerá unha tarxeta por ciclo.
A participación é voluntaria.
A mellor tarxeta
levará de agasallo
unha camiseta.
A entrega das camisetas farase o luns, 27 de novembro, na biblioteca na hora de ler.
Pasei moi ben no cole desfrutabdo dos momentos da vida no que tidos somos felices e sobre todo as mulleres hurraaa polas persoas con caracter e son silvia de quinto
ResponderEliminar