11/06/2017

As novas de Catuxa

Estade atentos ao taboleiro da biblioteca "As novas de Catuxa",  porque iniciamos a semana con moita actividade:

  • "Voluntariado A" ( alumnado de 5º e 6º de E.P. que de forma voluntaria axuda nas tarefas da biblioteca): hoxe, 6 de novembro, iniciamos a actividade.  Moitas grazas a todos pola vosa axuda incondicional.
  • "Vaille co conto ao profe": este martes, 7 de novembro, escoita Carmen. Buscade un libriño xeitoso e animádevos...
  • "Canto conto ten o profe": O mércores, 8 de novembro, Carmen conta a vida de dúas mulleres reales que ocupan un lugar na historia e que son un referente para nós: Malala Yousafzai e Violeta Parra
Feliz semana a todos!

2 comentarios:

  1. Querida Catuxa:
    Encantame esta noticia, pero tamen me apena, si teño que axudar no boluntariado... Non podo escoitar e ler a Carmen. Que desastre! Cas ganas que tiña... Bueno, todo sera por axudar. Tamen me gustaria que se apuntaran mais profes, porque asi hai mais días para ler e escoitar e non e o mismo lerlle a mesma persoa moitas vezes e collerlle confianza so a esa persoa que lerlle a barias axudando a ser mais extrobertido.
    Atentamente:
    Algen que lle gusta ler

    ResponderEliminar
  2. Non te preocupes, como axudante de biblioteca estás unha semana en todo o trimestre polo que tes o resto para disfrutar doutras actividades. A min tamén me gustaría que se animaran máis profes...
    Grazas pola túa axuda.
    Saudiños

    ResponderEliminar